domingo, 30 de marzo de 2014

2 DE ABRIL: VISIBILIZANDO O AUTISMO

Un dos nosos compromisos como docentes é atender á diversidade e darlle visibilidade.O 2 de abril lembramos os TEA (transtornos do espectro autismo).
Para facelo, adquirimos fondos que o tratan e tamén o presentamos ás persoas que integran o Club de lectura. Velaquí a nosa pequena aportación:


 PINTEREST SOBRE NEURODIVERSIDADE
 PINTEREST SOBRE NEURODIVERSIDADE


GLOGSTER SOBRE O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE



Tamén podedes visitar o Blog:Alto como una montaña  

http://afrontandoelautismoconsensibilidad.wordpress.com/

FRAN ALONSO EN BIBLIORIBEIRA

O próximo 1 de abril acompañaranos o poeta Fran Alonso. Falaranos de poesía despois de termos lido o seu poemario Cidades nas aulas .

Os seus   cinco motivos para ler poesía ocupan un lugar preferente na nosa biblioteca porque a poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa..., na conversa e nas rúas.

O importante da poesía, continúa afirmando no seu manifesto, non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.

Este poema de Tortillas para os obreiros (1996) sérvenos este ano para facermos nas aulas poemas re-creados para o proxecto Enredando versos en E-twinning.
  

Secuencia A



Ás oito da mañá comezo a facer tortillas.

Fágoas todo o día,

con e sen cebola,

soas ou acompañadas de leituga e tomate,

ás veces con chourizo,

moito en bocadillo,

sobre todo ás dez ou ás once,

tortillas dos andamios para os obreiros

que berran e traen as mans sucias.

Cómenas con cervexa,

os días grises, sentados trala barra.






sábado, 22 de marzo de 2014

POEMAS VISUAIS: ENVELLECER

Alba, María e Ramón de 1º ESO C fixeron un poema visual a partir do poema Envellecer de Ana Mª Fernández. O texto é un haiku.







Eles ven pasar
a súa vida por diante
como os anos






Vendo a xente
os anos van pasando
cambiando a vida









O tempo pasa
e non nos damos conta
pero algún día si.

LENDO COS MAIORES EN TORNEIROS

Celebramos o Día da Poesía lendo cos maiores no Centro de Día de Torneiros.
Velaquí tedes a fotogalería:
DÍA DA POESÍA: LENDO COS MAIORES EN TORNEIROS on PhotoPeach

sábado, 8 de marzo de 2014

VERSOS DE MULLERES

Desde a Biblioteca do IES de Poio achégannos esta selección de poemas de mulleres sobre mulleres.