jueves, 20 de junio de 2013
MESA DE EXPERIENCIAS NA XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA
A nosa biblioteca e o noso Club de lectura estivo participando na Xornada Dos Clubs de Lectura, da man do responsable dos Clubs, o profesor Julio Abalde García.Neste vídeo podedes escoitalo a el e tamén a outros tres profes que falaron da súa experiencia nos Clubs.
miércoles, 19 de junio de 2013
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Xa temos as nosas recomendacións lectoras para o verán, desta vez mancomunadas, coas outras bibliotecas escolares integradas no PLAMBE:
IES Pino Manso, CEIP Antonio Palacios, CPI da Ribeira e mais nós.
Felices lecturas e bo verán!
http://issuu.com/biblioribeira/docs/veran2013_2_
IES Pino Manso, CEIP Antonio Palacios, CPI da Ribeira e mais nós.
Felices lecturas e bo verán!
http://issuu.com/biblioribeira/docs/veran2013_2_
lunes, 17 de junio de 2013
Visita do Club de Lectura a Celanova
O día 13 de xuño o profesorado e alumnado que formamos parte do Club de
Lectura visitamos Celanova da man da Fundación Curros Enríquez. Tivemos
ocasión de visitar diferentes lugares de interés, vinculados aos poetas
Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín. Así mesmo lemos
poesías que acompañaban as nosas visitas. Neste vídeo tedes unha
pequena mostra deste día estupendo que puxo colofón a un ano moi
frutífero en lecturas...e doces!
martes, 11 de junio de 2013
BIBLIORECOMENDACIÓNS
Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras , agardando unha versión en papel chea de sorpresas...
RECOMENDACIÓNS DE VERÁN BIBLIORIBEIRA IES RIBEIRA DO LOURO on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)