jueves, 19 de diciembre de 2013

O NADAL EN GALICIA





 
MANIFESTACIÓNS MUSICAIS DO NADAL

Cantigas de Nadal
Aínda que en principio todas as cantigas de Nadal nos poden parecer iguais, non é así e teriamos que facer tres clasificacións:
Por un lado están os romances como poden ser A toca da Virxe, El ciego y las naranjas, etc.Algúns chegaron ao de hoxe por tradición oral e poden ter a súa orixe nos séculos XIV-XV. Outros proveñen de pregos de cordel, xeralmente de orixe castelá, e xa datan do século XIX.Tamén neste apartado habería que incluír algunhas cancións romancea­das, moi estendidas por toda Galicia como pode ser Madre a la puerta hay un niño.
Por outro lado teriamos as panxoliñas que non serían máis que coplas alusivas ao nacemento de Deus, ligadas por un retrouso.
O terceiro tipo serían os vilancicos de autoría culta, feitos por unha persoa enxeñosa e con recursos, como podía ser o mestre ou o cura. Estes vilancicos son os que semellan de creación máis recente.
En calquera dos tres casos as cancións adoitan comezar cunha petición de licencia para cantar e rematan coa petición do aguinaldo.
Deixando a un lado os costumes locais, a maneira estándar de facer, non só os cantos de Nadal, senón tamén as rondas, xaneiras e reis, sería o seguinte: Despois da cea de Nadal formábanse rol­das (grupos) de mozas e mozos e percorrían todas as casas da aldea cantando e bailando. Ían acompañados dunha gaita, unha frauta, pandeiros ou o que se estilara na zona. Non importaba a hora á que a rolda chegara a unha casa, aínda que foran as cinco da mañá. Eles chegaban e can­taban. Saía o dono da casa e pedíanlle licencia para seguir coa troula e o dono tiña que lla dar, porque así o mandaba a tradición. Baixaban á cociña ou ao alprende todos os da casa, e os roldadores cantábanlle as cantigas ou o romance (imposto pola tradición) e remataban coa petición do aguinaldo. O dono da casa daba o que podía: chourizos, patacas, ovos, cartos... Bailábase un pouco e os da rolda despedíanse e ían a outra casa. E así até dez ou doce da mañá do día seguinte, que era cando se miraba todo o que xuntaran e acordábase facer con iso unha merenda ou cea, á que se adoitaba levar un gaiteiro para que houbera baile.
Tanto as licencias como os aguinaldo acostumaban ser cantados en galego, pois eran inventados polos cantores, mentres que o corpo central, ao ser de autoría culta, adoitaba estar en castelán.

Cantos de Reis
A clasificación dos cantos de reis vén sendo parecida aos de Nadal.Temos romances vellos,
romances "a lo divino", coplas independentes ligadas por un ritornello e reis de autoría culta. E a estes teriamos que sumarlles os reis xocosos e os reis da Epifanía, sempre ligados a danzas con­suetudinarias.
Segundo a zona, os reis podían comezar a cantarse polas casas sobre o día 3 de xaneiro. Había un tipo de reis xocosos, que temos constatado en varios puntos de Galicia, no que os cantores inventaban coplas dedicadas aos veciños.
Tanto as letras, como as danzas, como as músicas coas que se bailan obedecen a un mesmo patrón, sendo algunhas case idénticas, polo que deberon ser difundidas por algunha "Misión" das que percorreron Galicia nos séculos XVII e XVIII. Desde logo, nas letras pódese apreciar o carác­ter culto do escritor, así como o aspecto catequético, mnemotécnico e haxiográfico. O proble­ma destes textos é que foron fixados, xa de antigo, en papel. Non se trata, pois. de textos apren­didos oralmente (como ocorre con moitos romances), senón máis ben dunha tradición que se sustenta sobre uns textos literarios aprendidos de memoria aos que se suxeitan en cada repeti­ción. Estamos, polo tanto, nun deses casos intermedios entre o tradicionalismo puro e os ritos fixados pola representación continuada.






Cantámosche os Reises, 
canela de cabra,
fuciño do cocho,
orella queimada;
cantámosche os Reises, 
non nos deches nada.

 CANTIGAS DE NADAL

BUSCANDO UNHA ESTELA DE TINO BAZ

NADAL DE LUINTRA

Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.
¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
Se traen cartos que entren
e senon que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?




O APALPADOR


 O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".


Noite do apalpadoiro: O Apalpador e O Pandigueiro

 


DANZAS DE REIS



 

 


martes, 17 de diciembre de 2013

FELICES LECTURAS

 Polo Nadal sempre recomendamos libros, música, películas. Este ano non ía ser doutro xeito e fíxémolo conxuntamente algúns colexios e institutos da Louriña.Gústanvos?



Descarga en Pdf

martes, 10 de diciembre de 2013

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS



No Día dos Dereitos Humanos lembramos a Nelson Mandela e apelamos á solidariedade de toda a comunidade educativa para construírmos a árbore das palabras solidarias.

NELSON MANDELA (1918-2013)

Compartimos a biografía de Mandela, que elaboraron na biblioteca do  CEIP A Maía de Bertamiráns. Grazas!

http://issuu.com/biblioamaia/docs/mandela

sábado, 7 de diciembre de 2013

jueves, 5 de diciembre de 2013

POR QUE LER?

Velaquí tedes un fermoso vídeo que nos anima a ler, feito por Sebastián que é alumno do IES Ollos Grandes de Lugo. Tamén é o creador do Blog de animación á lectura El coleccionista de mundos
 

IN MEMORIAM NELSON MANDELA


Próximo o día 10 de decembro, día en que conmemoramos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, coñecemos a noticia do pasamento de Nelson Mandela ( Premio Nobel da Paz en 1995).
Mandela destacou por loitar contra o dominio dos brancos e a segregación racial en Sudáfrica e foi o primeiro presidente dese país, escollido nunhas eleccións democráticas e non raciais, entre 1994 e 1999.

Xunto coa homenaxe das  Bibliotecas Escolares de Galicia, deixamos unha fermosa canción de Chico César a Madiba.