viernes, 29 de noviembre de 2013

CLUB DE LECTURA: Campos de fresas

Aquí tedes un póster sobre a nova lectura do Club de lectura de 1º Ciclo de ESO, CAMPOS DE FRESAS de Jordi Sierra i Fabra. A reunión será o 10 de decembro ás 14.45h. Feliz lectura!

domingo, 24 de noviembre de 2013

25th november, against gender-based violence. IES Ribeira do Louro

25th november, against gender-based violence. IES Ribeira do Louro


collage 1 25th novemberDende a asignatura de inglés sumámonos á proposta da nosa biblioteca e conmemoramos o día en contra da violencia de xénero co poema de Helena Villar Janeiro, O deseño das mans. Despois da lectura do mesmo durante a clase, o alumnado traballou por parellas e representou as súas ideas e desexos nestas imaxes.
collage 2En Novas Biblioribeira podedes atopar o videopoema elaborado co grupo de 1º ESO C.

O DESEÑO DAS MANS

Presentámosvos este vídeo, elaborado a partir dun poema de Helena Villar Janeiro, onde manifestamos a nosa solidariedade coas vítimas da violencia de xénero e apostamos pola coeducación como instrumento necesario para erradicar esta lacra
social.

                               

Sorry, flash is not available.

martes, 19 de noviembre de 2013

25 de novembro: Cantamos xunt@s!

Conmemoraremos o 25 de novembro cantando A VOZ DAS AMIGAS  de LEILÍA con letra de Yolanda Castaño. Esta fermosa canción de solidariedade entre as mulleres está recollida no último disco , Consentimento e tamén en Cantigas de Mulleres


A miña voz, compañeiras,
non naceu para afastar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada.
A miña voz, compañeiras,
tráioa para partillar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
Dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
A voz das miñas amigas
Dame folgos pra avanzar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

martes, 12 de noviembre de 2013

Para facernos mellores persoas

                        

Arredor das galletas de Cartas de Inverno, comezamos as xuntanzas dos tres clubs de lectura que funcionan este ano. As lecturas de "narrativa debuxada" CARTAS DE INVERNO e EL CURIOSO CASO DE BENJAMIN BUTTON deron moito que falar este primeiro día.