jueves, 20 de junio de 2013

MESA DE EXPERIENCIAS NA XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

A nosa biblioteca e o noso Club de lectura estivo participando na Xornada Dos Clubs de Lectura, da man do responsable dos Clubs, o profesor Julio Abalde García.Neste vídeo podedes escoitalo a el e tamén a outros tres profes que falaron da súa experiencia nos Clubs.

miércoles, 19 de junio de 2013

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Xa temos as nosas recomendacións lectoras para o verán, desta vez mancomunadas, coas outras bibliotecas escolares integradas no PLAMBE:
IES Pino Manso, CEIP Antonio Palacios, CPI da Ribeira e mais nós.

Felices lecturas e bo verán!

http://issuu.com/biblioribeira/docs/veran2013_2_

lunes, 17 de junio de 2013

Visita do Club de Lectura a Celanova

O día 13 de xuño o profesorado e alumnado que formamos parte do Club de Lectura visitamos Celanova  da man da Fundación Curros Enríquez. Tivemos ocasión de visitar diferentes lugares de interés, vinculados aos poetas Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín. Así mesmo lemos poesías que acompañaban as nosas visitas. Neste vídeo tedes unha pequena mostra deste día estupendo que puxo colofón a un ano moi frutífero en lecturas...e doces!


martes, 11 de junio de 2013

BIBLIORECOMENDACIÓNS

Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras , agardando unha versión en papel chea de sorpresas... RECOMENDACIÓNS DE VERÁN BIBLIORIBEIRA IES RIBEIRA DO LOURO on PhotoPeach