miércoles, 29 de mayo de 2013

COMO SE FIXO A ÁRBORE DOS LIBROS

Make your own slide show at Animoto.

COMO SE FIXO A ÁRBORE DOS LIBROS on PhotoPeach

DE PISTA A PISTA ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Un ano máis celebramos o Pista a Pista, adicado nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño. Velaquí tedes unha galería fotográfica da xornada.



DE PISTA A PISTA ROBERTO VIDAL BOLAÑO on PhotoPeach

jueves, 16 de mayo de 2013

12 de maio, Día das Matemáticas

O alumnado de matemáticas elaborou este cartel onde podemos comprobar cantas mates hai na nosa vida, incluso na poesía. 

 Día das Mates 12 de maio on PhotoPeach

Durmían as cifras a súa suma nos teus cadernos de contas
cansados de traballar
coas túas mans pequeniñas
(...)
tocabas cun dediño un número que treme coma unha bolboreta
e sabías que o seu corazón podía dividirse en tres partes.
Mirabas talvez as cántaras do leite
e revelábase a eterna forma do cilindro
ninguén sabía que tres catorce dezaseis era un número pi
e ti
xogabas con el entre os grilos.
Volvías da túa mente brillante
(...)

Olga Novo

FALSOS GRAVADOS DE AQUÍ

O alumnado de E. Plástica de 3º ESO B, dirixidos pola profesora Cristina Rodríguez , fixeron esta singular homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.
Parabéns!


FALSOS GRAVADOS on PhotoPeach

viernes, 10 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013

Alumnado de Educación plástica de 1º de ESO e Reforzo de lingua, dirixidos pola profesora Cristina Rodríguez, fixeron estes carteis ben chulos para homenaxear a Vidal Bolaño na Letras Galegas 2013. CARTEIS LETRAS GALEGAS 2013 on PhotoPeach

domingo, 5 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Enredando versos: Crónica dun encontro “POÉTICO”

O 2 de maio resultou ser para todos os asistentes ao encontro “Enredando versos” (poetas , organizadores e organizadoras, profesores e profesoras acompañantes, alumnas e alumnos) intensamente poético, un día no que o sol luciu para nós cal luciron as sensacións e sentimentos, as palabras que – rimadas e non rimadas- voaron tal avelaíñas ao noso arredor mentres estivemos xuntos.
_DSC3150
_DSC3175 _DSC3160
Chegados ao auditorio de Sanxenxo, tralas miradas inquedas e sorprendidas dos chicos e chicas (Onde me trouxeron? Que me separan dos compañeiros! Quen son estes que van comigo? ) situados xa por cores e obradoiros a primeira sesión de fotos e logo ao local que nos corresponde. Os poetas ultiman as sesións, vanse afacendo coa confianza do seu auditorio, vannos conquistando e “enredando” cos seus xogos poéticos, cadaquen deles co seu estilo:
2003-12-31 23.00.00-239 _DSC3246 2003-12-31 23.00.00-251
O rapeiro cos pequenos de A Lama e A Florida, as chicas do obradoiro azul e laranxa vidas desde Compostela, Raúl Vacas que ocupa a súa mesa cunha maleta, libros, cámaras, Carlos Negro que reparte chocolate,  tesouras e xornais vellos, Ledicia Costas que nos fala de respecto e rimas, de perder a vergoña para versificar, o son da guitarra de Lucía Aldao e a doce voz con aires da Costa da Morte de María Lado e foron “enredándoos e enredándonos” coas hedras das súas verbas; nalgún momento, o da composición, os silencios creativos sabían a papel e bolígrafo, a nerviosismo e a satisfacción para conducirnos suavemente á lectura en voz alta, ao poema colaborativo, a sabores e colores en verso.
E chegou o descanso, a merenda co reencontro, as opinións sobre as experiencias e preparados xa para o recital de alumnos, alumnas e poetas…
2003-12-31 23.00.00-254 2003-12-31 23.00.00-266 2003-12-31 23.00.00-265
Quen dixo que os adolescentes non son creativos, que non lles interesa a poesía? Douscentos trinta rapaces e rapazas de 6º de primaria a primeiro de bacharelato, de distintos puntos do sur de Galicia escoitando e respectando as voces dos poetas, dos compañeiros e finalmente unindo as súas voces para resucitar as palabras que Rosalía escribiu hai 150 anos. Unha marabilla escoitalos e admirar os seus rostros sorrindo.
Pero aínda non rematamos, hai que ir ao mercado regalando poemas á xente da rúa, compartindo versos e caramelos en caixas de  medicamentos ante a tristeza, a soidade, a crise (que llo pregunten aos alumnos de Dodro). E ante o mercado máis e máis versos … “hai fame, son as tres e seguimos recitando versos”.
Por fin á praia, os bocatas, a tortilla e a empanada, alimentamos a mente para recuperar palabras e rimas… e non rimas. Descanso.
P5020043 P5020035 P5020046
Son as catro e estes profes queren que “colguemos” poemas das árbores, pois si, alá imos versos e máis versos tendidos ao sol e ao vento na beira do mar, azul intenso no ceo e na auga e as formas do papel, as palabras penduradas con pinzas de cores decoradas polas axudantes da biblioteca do CEIP A Lama. Logo vén a despedida, o manifesto poético, as voces de María, de Raúl  e de Ledicia e a mensaxe na botella que non quería entrar, as palabras querían quedar con nós mais finalmente foron ao mar buscar novos roteiros para a poesía nos beizos doutros adolescentes necesitados de sentimentos, olores e sabores a mar.
P5020079 P5020058 P5020053
O mellor agasallo: o sorriso dos chicos e chicas – os nosos protagonistas- durante toda a xornada e na hora da despedida.

(Fotografías de Rafael Sánchez Agostino, Xosé María Lores, Harold Iglesias e Anxos Rial)