jueves, 25 de abril de 2013

TEATRO LIDO 2013

LECTURA CONTINUADA 2013 O noso instituto encheuse hoxe de teatro, tanto lido coma representado. Velaquí as fotos: on PhotoPeach

miércoles, 24 de abril de 2013

LECTURA CONTINUADA 2013

O xoves 25 de abril teremos unha sesión de lectura continuada para celebrarmos o Día do Libro. Este ano apostamos polo teatro lido.Os textos serán lidos polo noso alumnado ao longo da mañá

martes, 23 de abril de 2013

Día do libro e da lectura

Esta  árbore está chea das recomendacións lectoras dos alumnos e alumnas do noso instituto. Feliz día do libro!



domingo, 14 de abril de 2013

AMADRIÑAMENTO LECTOR

O venres 12 de abril sete alumnas de bacharelato, ex-alumnas do CPI da Ribeira, foron amadriñar nenos e nenas de infantil contándolles un conto.Foron agasalladas cunha bolboreta feita pol@s afillad@s.Como nos gusta!

miércoles, 10 de abril de 2013

A JOSÉ LUIS SAMPEDRO, IN MEMORIAM



Ler enriquécenos a vida. Co libro voamos a outras épocas, e a outras paisaxes; aprendemos o mundo, vivimos a paixón ou a melancolía. A palabra fomenta a nosa imaxinación: lendo inventamos o que non vemos, facémonos creadores.

Agora bérrannos que vale máis a imaxe e coa televisión -a primeira escola- inculcan aos nenos, antes de que falen, os dous desmáns do sistema: a violencia e o consumeconsumo. Con esas cadeas o poder político e o económico edúcannos para cidadáns pasivos, sen imaxinación
porque sempre é perigosa para os poderes establecidos. E ante esas imaxes carecemos de voz: non temos medios para televisar contrariamente mensaxes de tolerancia e sensatez (quizais agora, con Internet...).
Hai cinco séculos a imprenta librounos da ignorancia levando a todos o saber e as ideas. O alfabeto fomentou o pensamento libre e a imaxinación: por iso agora quérennos analfabetos. Fronte ás imaxes impostas necesitamos máis que nunca o exercicio da palabra, sempre ao noso alcance. O libro, que ensina e conmove, é ademais agora o mensaxeiro da nosa voz e a defensa para pensar con liberdade.



UNHA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

sábado, 6 de abril de 2013

REUNIÓN DO CLUB DIVERLER

O martes 9 de abril teremos unha nova xuntanza do Club de lectura ás 14.45.
Continuamos disfrutando  d'O curioso incidente do can á medianoite.

Reunión do club

APADRIÑAMENTO LECTOR 2013

Como vén sendo habitual, para celebrarmos o Día do Libro Infantil e Xuvenil, facemos un apadriñamento lector entre o alumnado do noso instituto e os nenos e nenas de 5 anos do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios. Os contos son cedidos pola Biblioteca Municipal do Porriño e este ano o tema común era a auga.Velaquí o resultado: APADRIÑAMENTO LECTOR 1 on PhotoPeach APADRIÑAMENTO LECTOR 2 on PhotoPeach