domingo, 20 de enero de 2013

Club de Lectura: Kafka y la muñeca viajera

Poemas pola Paz

Rosaliano Riascos Rodríguez - Un home que loita polos dereitos da poboación negra de Colombia

O día 10 de Decembro tivemos unha charla para conmemorar o día dos Dereitos Humanos, a cargo do activista Rosaliano Riascos Rosaliano Riascos é un lider afrodescendente,vicepresidente da asociación AFRODES que loita polos dereitos das comunidades negras en situación de desplazamento. Inicialmente un dos dereitos que non tiñan era o dereito a educación, e todos os fillos de pais pertencentes a súa comunidade non podian ir a escola xa que estaban aislados socialmente, outro dos dereitos que tampouco tiñan era o da propiedade, pero a cousa non queda ahí, tampouco tiñan dereito a elexir a os seus gobernantes nin a votar democraticamente, eran, por decilo asi, un pobo aislado ao marxen do resto da sociedade, o peor dereito que se lle foi retirado (ou polo menos se chegase a suceder) era o dereito a virir xa que 12 persoas da súa comunidade perderon ese día ese dereito,e ese é un dos fundamentais e imprescindibles que a nadie lle debe ser quitado e menos por loitar por unha causa xusta.
 Rosaliano sempre intentou defender os seus dereitos ata o punto de case costarlle a vida, o peor suceso ocorreu o 11 de mayo do 2000 cando unha banda de paramilitares entraron na súa comunidade e ante él, ante Rosaliano, foros fusiladas 12 das persoas, el formaba parte da lista das persoas que debían morrer pero afortunadamente sobreviviu de maneira sorprendente grazas, en parte, a súa intelixencia e as suas ganas de seguir vivo e seguir reclamando os dereitos que lle pertencen a él e a toda a poboación negra de colombia. Durante varios anos posteriores chegou a vivir ata en 27 departamentos diferentes de Colombia agochandose dos paramilitares. Despois de 11 anos nos que estivo protexido por períodos, o Goberno de Colombia retiroulle a protección alegando que xa non era obxetivo para os paramilitares, e posteriormente chegoulle unha ameaza por correo electrónico na cal decian que debia abandoar o país en menos de 20 días. En 2011, dias despois de que lle impuxesen esa ameaza, a Amnistía Internacional fixose cargo da situación extrema na que se atopaba, e foi acollido durante un ano. Actualmente reside en León e imparte charlas sobre os diferentes sucesos ocurridos e sobre a súa situación actual. Moitos dos seus familiares de Colombia foron asasinados polos paramilitares e as súas terras xa non lle pertencen nin tampoco lle pertencen a súa familia, senón que están en mans dos propios paramilitares.
A súa situación e complicada xa que actualmente non pode regresar a Colombia isto é debido a que a situación actual do seu país e mala,e se regresa probablemente sea perseguido e posteriormente asasinado. Aínda así el non perdeu as esperanzas de regresar algún día e segue intentando conseguir e reclamar os dereitos que lle pertencen a él e mais a súa comunidade de Sabaletas, e non se vai a rendir, el e mais a súa noiva ( a vida) van a seguir loitando, aínda que isto lle poida costar a vida, el non se rendirá.

lunes, 14 de enero de 2013

O próximo martes 22 de xaneiro temos unha nova cita no Club de lectura, desta volta con Kafka y la muñeca viajera de Jordi Sierra i Fabra.