lunes, 25 de junio de 2012

V Xornadas dos Clubs de Lectura

Unha pequena cronica do que aconteceu en Santiago o 9 de xuño

martes, 19 de junio de 2012

CONCURSO DE HAIKUS A ROSALÍA

A nosa alumna de 3º ESO A, Ángela Garrido Iglesias, foi premiada con un e-book ao gañar o concurso de haikus organizado pola Biblioteca Municipal do Porriño.
Velaquí tedes o haiku premiado:
 
Fontes mais fontes
nenos mais nenas xogan
o verán chega

Parabéns Ángela!

lunes, 11 de junio de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN 2012

Coas vacacións de verán xa á porta, desde a biblioteca recomendámosvos estes libros, onde hai de todo: poesía, novela, álbum ilustrado...e tamén películas. Pasa pola biblioteca e atoparalas na sección de novidades.

XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA

V XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA SANTIAGO (09/06/2012) O sábado 9 de xuño estivemos participando nas Xornadas dos Clubs de lectura en Santiago. O noso centro estaba representado por dez alumnas e un alumno, acompañados por Aurora e Paz.Tivemos tamén a oportunidade de sermos persoas-libro e agasallamos os asistentes cun poema.Pasámolo xenial!

viernes, 1 de junio de 2012

TALLER DE KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA

O alumnado de reforzo de galego estivemos facendo durante todo o curso un taller de kamishibai. Nesta presentación contámosvos como foi o proceso.