domingo, 29 de abril de 2012

VIDEOCONFERENCIA DE ROSA MARÍA CALAF

O Xoves 26 de abril, o noso alumnado asistiu a unha VIDEOCONFERENCIA DE ROSA MARÍA CALAF, promovida por Amnistía Internacional, que levaba como título Vinculación entre a venda incontrolada de armas e a vulneración dos dereitos humanos.

LECTURAS DO DÍA DO LIBRO 2012

LIBRO DA LECTURA CONTINUADA 2012

viernes, 27 de abril de 2012

APADRIÑAMENTO LECTOR 2012

Un ano máis estivemos no CEIP Antonio Palacios léndolles contos aos rapaces e rapazas de 4 anos. Colaboraron connosco a Biblioteca do Antonio Palacios e a Biblioteca Municipal do Porriño. Parabéns ao noso alumnado por mostrar tanto entusiasmo!!!

miércoles, 25 de abril de 2012

martes, 24 de abril de 2012

CARTEIS DÍA DO LIBRO 2012

Velaquí tedes os carteis elaborados por alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º Bacharelato na materia de Informática. Moitas grazas!!!

CARTEIS DO DÍA DO LIBRO 2012 on PhotoPeach

domingo, 22 de abril de 2012

Semana do libro e da lectura 2012

  
LUNS 23

  • VENDA DE LIBROS NO RECREO
  • ACTIVIDADE COLECTIVA “PRENDAS LITERARIAS”
    Elaboración dun gran tendal no corredor central do instituto
MARTES 24

  • VENDA DE LIBROS NO RECREO

MÉRCORES 25

  • VENDA DE LIBROS NO RECREO
  • LECTURA CONTINUADA (DE 8.45 A 12.35)
  • LECTURA DE PROFES NO RECREO. Participade!

XOVES 26
  • VIDEOCONFERENCIA DE ROSA MARÍA CALAF. Vinculación entre a venda incontrolada de armas e a vulneración dos dereitos humanos.
    Horario: de 12 a 13 horas.
  • REPRESENTACIÓN DE RETRINCOS TEATRAIS
    Horario: de 13 horas a 13.25 e de 13.50 horas a 14.15
VENRES 27
  • INTERCAMBIO DE LIBROS ENTRE PROFES
  • APADRIÑAMENTO LECTOR
    Alumnado de 3º de ESO e algunhas alumnas de 4º,lerán contos, de xeito individual, a nenos e nenas de 2º ano de Infantil do CEIP Antonio Palacios. Os contos foron facilitados polo propio colexio e a biblioteca municipal.
Despois da lectura de Memorias dun neno labrego, o club de lectura Diverler do IES Ribeira do Louro do Porriño achegouse a Gres para falar co escritor Xosé Neira Vilas.Visitamos tamén a Insua de Pachín e o pazo de Oca.Agradecemos ao IES Pino Manso que nos emprestase a voz.

lunes, 16 de abril de 2012

Adiviña quen é

Xa podedes participar nunha nova edición de Adiviña quen é. Como é habitual, podedes consultar as bases e as pistas, con datos da súa biografía,  no enlace do IES Taboada Chivite. A imaxe é esta:



Sorte!

martes, 3 de abril de 2012

Biblioribeira está orfa. Deixounos o compañeiro Carlos Brandao, alento sempre para o noso labor e voz amable nas conversas arredor dos libros, dos proxectos, do futuro...
Hoxe a "Elegía a Ramón Sijé"  de Miguel Hernández faise pranto por ti.