miércoles, 16 de febrero de 2011

Nova lectura: Rapazas de A. Fernández Paz

A nova lectura para o grupo de 1º-3º da ESO é Rapazas de Agustín Fernández Paz.

¿Qué estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Qué sucede cando se mantén unha estremecedora relación cun fantasma? ¿Qué segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada adolescencia.