viernes, 12 de noviembre de 2010

Comezo de curso para o Club de Lectura

Xa comezamos co Club neste novo curso. Como sabedes continuamos ca organización en dous grupos, como durante o curso pasado, con lecturas e actividades diferenciadas, aínda que procuraremos ter algunha conxunta.

As lecturas propostas son as seguintes:

-Primeiro grupo (1º,2º e 3º ESO): O Principiño, de A. Saint-Exupéry.



-Segundo grupo (4º ESO e Bacharelatos): El lector de Bernhard Schlink, que nos quedou pendente do fin de curso pasado...

Despois de ver a película "Mis tardes con Margueritte", todos os membros do segundo grupo xa temos decidida as lecturas ata final de curso. Pronto as ordenaremos e as exporemos aquí.